O Dereito internacional está sendo esmagado, pero tamén vemos como moita xente anónima se está a organizar para poñer un pouco de luz na vida de tantas persoas
(Revista Encrucillada).- A realidade das persoas refuxiadas bate nas portas de Europa e xera cada día máis sufrimento ao que non podemos ser alleos. O Dereito internacional está sendo esmagado, pero tamén vemos como moita xente anónima se está a organizar para poñer un pouco de luz na vida de tantas persoas.
A asociación Encrucillada no seu XXXI Foro quere mostrar esta realidade, coas súas sombras pero tamén coas luces que se abren no camiño sen retorno das persoas refuxiadas.
Remataremos cunha celebración Interrelixiosa pola paz, que aune diferentes interioridedes na aposta pola Paz e pola vida no medio de tanta morte.
Horario:
10:30 Apertura e Presentación a acrago de Elvira Santos Pena
10:45 Retos Teolóxicos e Pastorais. Mons. Santiago Agrelo, bispo de Tánxer
12:00 descanso
12:30 Análise dende a Legalidade Internacional. Dª Cristina Gortázar Rotaeche, Prof. Dereito Internacional ICADE – Comillas
14:00 Xantar
16:15 Lembranza de Xosé Alvilares Moure, Xosé Chao Rego, Agustín Fdez. Paz e Xaquín Barros.
16:45 Mesa redonda. Inmigración e Redes de Acollida. Coordina Miguel Fernández Blanco.
18:00 Celebración interrelixiosa pola Paz, na que participarán persoas de crenzas cristiá, budista, musulmá, xudea e Bahai.
19:00 Peche