O decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, felicita a Real Academia Galega pola súa decisión de dedicar o Día das Letras Galegas ao seu irmán, o poeta Lois Pereiro, unha homenaxe, ao seu xuízo, «valente» que «recoñece» o mérito literario do autor monfortino máis alá do uso do idioma galego.
E máis, Pereiro considerou que con esta elección se fai «unha aposta» que pode «facer ver» que a literatura galega «non é algo endogámico», senón «toda unha polifonía» na que cabe unha ampla gama de textos, dende os máis clásicos aos máis vanguardistas.
Nela hai «selvas, desertos, glaciares e mares», resaltou, tras o que incidiu na existencia de autores que, como o seu irmán ou o escritor recoñecido este ano –Uxío Novoneyra–, «teñen mérito como literatos e non só, como se adoita achacar ultimamente, por escribir en galego». Ningún dos dous tivo «ningún tipo de vantaxe por escribir en galego: ao revés», apostilou.
Neste extremo, admitiu que a obra do seu irmán se defina como «dura e descarnada», porque «dicía as cousas duras e claras», pero confrontou estas características con que tamén é «moi atractiva». Con esta elección «amplíase a oferta» e mozos que descoñecen a Lois a día de hoxe poderán descubrir a súa poesía, destacou o seu irmán.
MANUEL RIVAS, «ALGO QUE VER» NA DECISION
Ademais, valorou os escritores premiados este ano e o que vén por supoñer «un cambio» na liña tradicional da Real Academia Galega, na dirección de «distinguir o heterodoxo». «E unha decisión valente», recalcou e engadiu que, polo que a el e a súa familia respecta, o escritor e membro numerario Manuel Rivas é «un terceiro irmán» que «ten algo que ver».
En canto á celebración do próximo 17 de maio, Pereiro indicou que é algo do que se ocupa a Academia, aínda que apuntou que, se lle preguntan polo lugar, Monforte ou O Incio serán a súa resposta.
Más en Arte y Diseño
CONTRIBUYE CON PERIODISTA DIGITAL
QUEREMOS SEGUIR SIENDO UN MEDIO DE COMUNICACIÓN LIBRE
Buscamos personas comprometidas que nos apoyen
CONTRIBUYE
Home